BALONMÁN / LIGA ASOBAL
Modesto Augusto Sanjuán, entrenador do Teucro Caixanova «Pontevedra sabe agradecer que un equipo o dea todo na pista». Modesto Augusto, entrenador do Teucro Caixanova, considera que a cidade volveu volcarse co seu conxunto en canto este lle deu boas razóns a ilusión. Co cadro que prepara nunha situación inmellorable para asegurarse a permanencia na liga Asobal, a máis esixente do balonmán mundial, Modesto opina, nesta entrevista concedida a Onda Cero Pontevedra, que as cousas están indo polo rego marcado ao inicio da temporada: os poderosos seguen arriba, e os pequenos loitan como poden por evitar o descenso. O Teucro queda, máis ou menos, no medio.
MARTIÑO SUÁREZ