Juan Carlos Oubiña, responsable do departamento de Educación Vial de Vilagarcía É por mor do departamento de Educación Vial da Policía Local que en Vilagarcía se entenda xa que os gardas de tráfico están para moito máis que para poñer multas. Dende que se creou este servizo con Juan Carlos Oubiña ó frente, foron moitas as campañas feitas nos colexios, nas rúas e nas noites da cidade. O obxectivo principal está buen claro: «Evitar accidentes». Pero hai outros, todo eles encamiñados a acadar dos cidadáns un comportamento cívico, respeto ás normas e ós demais, así como pautas para a saúde. Crear hábitos entre a poboación para que se adopten unhas conductas de forma automática é unha das principais teimas de Juan Carlos Oubiña, un mestre que se presentou ás oposicións da policía e que finalmente foi quen de vivir da educación dentro deste departamento. Na comarca, o que máis lle chama a atención, é a cantidade de xóvenes que circulan en moto sen casco.