Xosé Xermán Lastra, concelleiro de Urbanismo e Infraestructuras e portavoz do BNG Cando cheguen os vindeiros comicios locais, Xosé Lastra levará oito anos no Concello, un tempo no que viviu o traballo na oposición, xunto a María Luisa Sabio e Xaime Bello, e no goberno municipal como edil delegado e portavoz do BNG. Agora considera que con esa experiencia chega. Asegura que seguirá en política, non no Concello, e recoñece que «con catro anos non podes facer todo o que estaba planeado». Detrás quedará un traballo de moitas horas que, dí, lle reportou máis satisfaccións que desencantos.
RUBÉN SANTAMARTA