Premiados varios alumnos na campaña de normalización «Entre nós, en galego»
Os centros educativos continúan esta semana coas súas propostas culturais Varios alumnos e tres revistas escolares recibiron premios dentro da campaña de normalización lingüística «Entre nós, en galego», organizada pola Consellería de Educación. A entrega dos galardóns celebrarase o vindeiro día 18, pero ata entón continuarán en tódolos colexios actividades como o encontro que o debuxante Siro López mantivo onte cun nutrido grupo de escolares de Fisterra. En Corcubión esperan inaugurar hoxe un mural pintado polos nenos, e no instituto Alfredo Brañas de Carballo descubrirán mañá unha placa na honra de Carlos Casares. Mentras tanto, os concellos de Laxe e Zas difunden os seus programas.
C. A. M.