Tres miradas, tres mundos
Peter Wüthrich, Efrain Almeida e Pamen Pereira inauguran sendas exposicións o luns próximo no CGAC Nada é o que parece. Ou se cadra si. A cuestión é non reprimir a curiosidade fronte a propostas que abertas que interrogan a nosa mirada. Nesa liña, o luns próximo inaugúranse no Centro Galego de Arte Contemporánea tres exposicións que abren portas a tres mundos creativos. O das posibilidades do libro como obxecto plástico que presenta o suizo Peter Wüthrich; a capacidade da iconografía popular e relixiosa de establecer un diálogo aberto e universal, como propón o brasileiro Efrain Almeida; e a visualización do espacio no que se moven as emocións que traslada a súa obra a ferrolana Pamen Pereira.
CONCHA PINO