13 may 2002
Varias vilas e pobos do oriente ourensán albergan unha maratón de lectura
A asociación cultural valdeorresa Vagalume fai unha chamada á participación de grandes e cativos En Valdeorras o Día das Letras Galegas é unha data para reivindicar a lectura, para xuntarse e encher o ár de versos e textos que nos cheguen ó corazón. Iste ano a tradicional maratón de lectura organizada pola asociación Vagalume espállase ó longo e ancho do oriente ourensán. O Barco, Carballeda, Rubiá, A Rúa, Viana ou O Bolo son algúns dos escearios deste acto, aberto a participación de cativos e maiores. En O Barco será o historiador Isidro García Tato o que abra iste evento. Polo estrado irán pasando os veciños que se acheguen e que irán desgranando a sabiduría que encerran os libros en rúas, prazas ou casas da cultura.