18 may 2002
«A miña obra aporta toda a historia da Bella Otero relacionada con Galicia»
Marga do Val, escritora, autora da biografía sobre Carolina Otero Marga Romero convírtese en Marga do Val (apelido da súa aboa materna que adoptou para que non se perdese) cando firma creación literaria. A súa última obra publicada é unha biografía de Carolina Otero, a «Bella Otero», a seductora galega de Valga que conquistou o estrelato a principios do século pasado. O libro aporta máis datos sobre a historia desta fascinante muller e imaxes inéditas da diva, estrela do Folies Berger de París que finou soa e pobre nun pisiño en Niza ainda que tivo o mundo nas súas mans.
B.R. SOTELINO