04 jul 2002
Boiro descubre no remeiro olímpico Franco Cobas ó seu máis ilustre deportista
Leerá o pregón co que, este serán dende o balcón da Cachada, se darán por iniciadas as celebracións Como recuperado do fallado da memoria, a organización das festas de verán de Boiro descubreu a Franco Cobas González, un boirense que é, sen dúbida, o máis ilustre deportista da localidade. Poucos sabían que bogou nos Xogos Olímpicos de Roma de 1960 e ten un amplo e variado palmarés.