30 jul 2001
«Esta é unha festa de terra e mar»
INMA EIROÁ A ENTREVISTA Uxía Blanco, actriz e madriña da terceira Volta Náutica a Galicia, que percorre A Mariña estes días Do bar do Petróleo e os asteleiros de Portozás ata a Volta Náutica a Galicia non hai máis que un paso. Que llo pregunten senon á actriz Uxía Blanco, madriña desta travesía e mariñeira que promete. A coñecida actriz galega xa lle leva moitas millas de ventaxa ós outros noventa e pico barcos que se irán sumando ó longo da ruta, á volta. «Nós xa viñemos desde Vigo ata aquí para ir preparando os camiños, para poñer bonitos os acantilados, para que todo o mundo se poña moi poético», explicaba en Ribadeo.