10 jun 2002
A continuidade presidirá a asamblea que o BNG do Salnés desenvolve este venres
Os nacionalistas escollerán o novo consello comarcal coa perspectiva dunha única candidatura O mecanismo de renovación posto en marcha coa asamblea nacional do BNG, celebrada en abril en Compostela, chega esta semana ó Salnés. A formación nacionalista desenvolverá o vindeiro venres en Vilagarcía un cónclave no que os militantes arousáns escollerán ó seu novo consello comarcal. A diferencia do sucedido noutras bisbarras, no caso de Arousa non se albiscan movementos alternativos. A continuidade na liña do actual equipo perfílase como o resultado máis probable da asamblea.