19 ene 2002
Plácido Casto cumpre 100 anos mirando a Portugal
A conferencia sobre o intelectual e xornalista ocuparase das relacións ibéricas Plácido Castro cumpriría este vindeiro venres 100 anos. A fundación que leva o seu nome quere recordar a data coa celebración da terceira conferencia, unha conferencia que se celebrará en Vilagarcía e que, coa presencia de Ramón Villares, quere recordar as relacións e conflictos que uniron ó galeguismo con Portugal no século XX.