04 ene 2001
Retazos de tempos pasados
O Concello de Vilagarcía saca á venda un CD-Rom con postais antigas da capital arousana O Concello de Vilagarcía propón este ano ós seus veciños un particular regalo de Reis. Un repaso pola historia contemporánea do seu pobo a través de medio cento de imaxes contidas nun CD-Rom que hoxe sae ó mercado. Cincuenta postais do arquivo municipal que abrairán a máis dun. Porque, por moito que o intente, a maioría dos vilagarcianos terá difícil lembra-lo aspecto das rúas principais da súa vila a principios do século XX, cando o mar chegaba á alameda bordeando un peirao de ferro, os mariñeiros alemáns probaban o viño dos nosos bares e a catedral de Santiago figuraba como primeiro monumento da localidade.