Santiago Camba, novo director provincial do Servicio Galego de Saúde Santiago Camba chega á dirección provincial do Sergas asegurando que foi unha auténtica sorpresa. Chega, ademais, en agosto, cunha administración semiparalizada e moitas conversas pendientes. Pero as súas afirmacións teñen máis de contundencia invernal que de banalidade estival. E afirma, por exemplo, que as liortas entre hospitais xa están pasadas de moda, que os xestores teñen que saír dos seus despachos e falar máis co persoal, que as listas de espera son un problema acuciante malia que non é tan negro como se pinta, que o xerente do complexo hospitalario é un bo xestor e que Franqueira é a maior figura deste século en Galicia. E non se esquece de Baltar, ao que lle augura, «por sorte para tódolos ourensáns», unha longa vida de poder.
MAR GIL