Alonso Montero presentou na sede da RAG a súa candidatura a presidir a institución deixando dous postos libres dos cinco da lista e o reparto de cometidos para negociar coa outra candidatura para chegar a unha lista única. Montero sinalou que a estas alturas a presidencia era innegociable para el.
Irá acompañado na súa proposta de executiva polo teólogo Andrés Torres Queiruga e pola ex directora do Instituto da Lingua Galega, Rosario Álvarez Blanco