TEMA Xesús Alonso Montero

Últimos artículos publicados

15 may 2002

Expertos en Sarmiento debatirán en Pontevedra sobre o benedictino

O Congreso desenvolverase do 23 ó 25 de maio no auditorio Caixanova Un congreso reunirá a vindeira semana en Pontevedra a varios expertos na vida e a obra de Frei Martín Sarmiento, pensador a quen se lle dedica este venres 17 o Día das Letras Galegas. As xornadas darán comezo o próximo xoves 23 no auditorio Caixanova coa conferencia do profesor Henrique Monteagudo e prolongaranse ata o sábado 25. A xuntanza de estudiosos enmárcase dentro das actividades promovidas pola Consellería de Cultura con motivo da festividade.

REDACCIÓN

07 may 2002

«O discurso vén imposto de Washington»

Xesús Alonso Montero, autor dun poemario con versos políticos Alonso Montero é un contestatario do poder, sempre dende o punto de vista dun comunista. Así se define un home e un intelectual que onte presentou en Sargadelos un poemario que dará que falar. O seu título xa explica o sentir do autor: «Versos republicanos e outros versos políticos (1963-2001)». Trátase dun volume onde rinde contas con Franco, lembra ó Che Guevara, recolle cantares populares e homenaxea a cinco homes republicanos. No tomo hai espacio para poemas inéditos, coma un de 1963 onde recolle o fusilamento de Julián Grimau. Montero lamenta que os intelectuais «poñemos ortografía a un discurso que vén imposto de Washington»

04 may 2002

Na procura de verdade histórica

Catoira adica as xornadas deste ano a rematar coas difamacións que durante medio século sufriu a guerrilla Terminar coa difamación que durante medio século sufriu a guerrilla antifranquista é o principal obxectivo das xornadas que celebra o Concello de Catoira. «Houbo xente que foi chamada asesino ou bandoleiro e pensamos que a historia hai que contala tal e como é», sinala Gonzalo Bouza Brey, un dos organizadores. O ciclo de conferencias dará comenzo o próximo 31 de xullo e nel participarán catedráticos e prestixosos historiadores galegos. Bouza Brey será o encargado de explicar a situación da guerrilla na comarca, «a primeira reunión da guerrilla en Galicia celebrouse en Vilaxoán no ano 45», asegura.

20 abr 2002

La Academia Galega deja en suspenso la elección del sustituto de Marino Dónega

Una norma de la RAG obliga a sus miembros a presentar los candidatos en una sesión y votar en otra La Real Academia Galega dejó en suspenso y en suspense la elección de la persona que ha de cubrir el vacío dejado por Marino Dónega. Los miembros se reunieron para elegirlo entre una terna de tres candidatos. Pero alguien advirtió que primero los tenían que presentar de forma oficiosa en una sesión preliminar. Y mientras contienen el nombramiento, sacan a la luz lo que ya estaba cantado, que Xosé Ramón Barreiro ocupará la vacante de Carlos Casares en el Consello da Cultura.

ALBERTO MAHÍA

20 abr 2002

«O tipo de intelectual que encarnou Luís Seoane é o máis necesario hoxe»

Xesús Alonso Montero, escritor e profesor Xesús Alonso Montero (Vigo, 1928), marxista irredento, republicano recalcitrante, é un home politicamente incorrecto nos tempos que corren, supostamente amansado baixo a súa capa de catedrático de Literatura Galega, filólogo, traductor, ensaísta e nos últimos anos, poeta. A súa obra «As palabras no exilio», unha biografía de Luís Seoane publicada no 1993 con motivo do Día das Letras Galegas, preséntase na «Biblioteca Galega 120» nunha edición ampliada ca conferencia que o polígrafo, admirador da figura intelectual e moral de Seoane, pronunciou o ano pasado en Santiago no Congreso Internacional sobre o Exilio.

B.R.SOTELINO

20 abr 2002

Alonso Montero amosa ó mundo de Seoane en «As palabras do exilio»

Luís Seoane e Xesús Alonso Montero. Un artista e un intelectual, dous nomes vencellados ás raíces da cultura galega protagonizan o libro «As palabas do exilio». Este é un ensaio que leva como subtítulo «Biografía intelectual de Luís Seoane», escrito por Alonso Montero e galardoado co premio da Crítica de Galicia en 1995. Lecturas cualificadas

16 abr 2002

Testemuña dos tempos escuros

Cidadáns pola República rinde homenaxe póstuma a Roxelio Diz coa presentación das súas memorias Hai apenas uns días, Roxelio Diz finaba en México a raíz dun desgraciado accidente doméstico. Con el marchou unha fidel testemuña do que supuxo a Guerra Civil e o alzamento fascista en Vilagarcía e na bisbarra do Salnés. Sen embargo, a súa experiencia non caerá no esquecemento. O colectivo Cidadáns pola República presenta mañán, as oito da tarde na casa da cultura, o libro que recolle as memorias do veterano loitador republicano. Unha lembranza dos tempos escuros para alumear os tempos futuros.

07 abr 2002

Alonso Montero apoya a Florencio Delgado para las Letras Galegas del 2003

El académico se comprometió en O Barco a hacer campaña a favor del poeta valdeorrés El académico Xesús Alonso Montero manifestó en O Barco su apoyo a la candidatura del poeta valdeorrés, Florencio Delgado Gurriarán, para ser homenajeado en las Letras Galegas del 2003 «ou dalgún destes anos», acción que promueve el Instituto de Estudios Valdeorreses. Montero se comprometió a hacer campaña a su favor. Unas declaraciones hechas en el homenaje del IEV al político y escritor Santiago Álvarez, nombrándole miembro de mérito con la letra «R».

R. RAMOS

09 mar 2002

Francisco Fernández del Riego recibe o agradecemento da intelectualidade galega

Unha ampla representación da cultura de Galicia congregouse en Vigo nunha homenaxe ó ex-presidente da Real Academia Unha ampla representación do mundo da cultura galega coincidiu onte no Centro Cultural Caixanova de Vigo co gallo de entonar un himno á vida e obra de Francisco Fernández del Riego, «don Paco». O acto convocouno a Fundación Premios da Crítica coma homenaxe ós setenta e un anos que Fernández del Riego leva adicados á defensa da cultura e a identidade galega. Coincide este aplauso colectivo co recente abandono voluntario de don Paco da Real Academia Galega, que viña presidindo dende o ano 1997. Os diferentes oradores recoñeceron a Francisco Fernández del Riego como «o patriarca das letras galegas».

JORGE LAMAS

09 mar 2002

A homenaxe a Don Paco foi un inesperado adeus a Carlos

JORGE LAMAS / EN DIRECTO ONTE, tódalas persoas que estiveron presentes na homenaxe a Fernández del Riego, meditaban sobre a insoportable fraxilidade da existencia humana nos aledaños do tanatorio de Vigo. Ninguén podía dar creto ó inesperado xiro dos acontecementos. Só unhas horas antes, Carlos Casares era un invitado máis no acto de agradecemento á traxectoria de don Paco . Onte xa era unha persoa da que todos falaban empregando con emoción os tempos pasados nos verbos.