Xosé Luís Méndez Ferrín, escritor Haberá poucos escritores con máis influencia na cultura dun país que a de Méndez Ferrín na galega. Quizais polo peso das obras que foron marcando épocas: «Con pólvora e magnolias» ou «Estirpe» en poesía, «Amor de Artur» ou «Arraianos» en narrativa. Tamén pola súa man no teatral «Celtas sen filtro» ou pola interpretación da poesía galega en «De Pondal a Novoneira». Biografía literaria ligada vitalmente a unha biografía política de resistencia e dunha militancia para que hai que esquivar a lingua de ferrete da palabra compromiso. A dicir dos que estudian, Méndez Ferrín é un escritor cun idioma e cunha patria vigorosamente unidas.
CAMILO FRANCO