TEMA Xosé Luís Méndez Ferrín

Últimos artículos publicados

27 jul 2001

Atracón festivo en Arousa

La Festa do Albariño y la Romaría Vikinga llenan la semana que viene de espectáculos Los aficionados a la fiesta van a necesitar una buena brújula para no perderse entre los numerosos actos que se organizan en la comarca de Arousa. El «atracón» lúdico comienza este fin de semana: El antepregón de las fiestas del Albariño de Cambados dará luz verde a una apretada agenda de espectáculos que incluye, en los próximos siete días, casi un concierto por noche. El lunes se suman a la oferta festiva los «bárbaros» visitantes del norte, que darán comienzo a la Romaría Vikinga de Catoira con una obra de teatro, «A sombra da traizón». Cambados y Catoira coinciden el 5 de agosto con su «día grande».

08 jun 2001

O Arquivo Sonoro recolle a palabra dos poetas e narradores galegos na súa voz

O Consello da Cultura editou o primeiro libro e dous CD dun proxecto documental con continuidade A voz dos poetas e narradores galegos quedará para sempre como testemuña viva. O Arquivo Sonoro do Consello da Cultura Galega editou un primeiro libro e dous CD que recollen poemas e textos de 31 autores. A lingüísta e escritora Luisa Castro, coordenadora do proxecto, suliñou na presentación que non seguiu un criterio xeracional nin academicista. Optou pola heteroxeneidade, tanto nas idades como no estilo e os temas. No mesmo acto, Alfonso Monxardín deulle o relevo a Paulino Novo como secretario do Arquivo.

C.P.

08 may 2001

«Facemos o traballo dos Concellos»

MANUEL A. CALVO A ENTREVISTA Manuel Pazos, presidente da asociación Obradoiro da Historia A asociación Obradoiro da Historia é un pequeno núcleo de persoas que ten fixado o obxectivo de eliminar a pátina de esquecemento que ten a cultura da comarca de Ordes. Con poucos medios e xenerosas doses de entusiasmo, o colectivo leva varios anos exercendo unha importante influencia na actividade cultural ordense, por medio de publicacións, conferencias e denuncias de abusos contra elementos do patrimonio. Manuel Pazos, o seu presidente, asegura que «hoxe Ordes é un deserto cultural».

28 abr 2001

Ferrín gana o Premio Trasalba 2001

A Fundación Otero Pedrayo concedeu onte o Premio Trasalba 2001 ó escritor e profesor Xosé Luís Méndez Ferrín. No pazo museo desta vila ourensá de Amoeiro decidiuse esta concesión xustificándoa «porque o seu brillante labor intelectual estivo sempre ó servicio de Galicia, da súa cultura e da súa lingua».

22 mar 2001

Ferrín: «Os galegos pertenecemos á Europa occidental subalterna»

El autor de «Con pólvora é magnolias» presentó el recital de dos premios Nobel en Compostela «A lingua é un teritorio liberado». Lo dijo Méndez Ferrín al presentar el recital de Derek Walcott y Wole Soyinka y para explicar a los dos poetas y premios Nobel que los gallegos «pertenecemos á Europa occidental subalterna, un pobo invisible desde o exterior no que florece unha literatura na súa lingua». El candidato gallego al Nobel quizá debería hacer caso a Walcott, que bromeó diciendo que la Academia sueca le dió el galardón porque escribió protestando porque se lo habían dado a su amigo Soyinka antes.

CONCHA PINO

20 mar 2001

Dous premios Nobel, entre os cen poetas reunidos en Compostela

O PEN Clube convoca a autores de tódolos sistemas literarios na «Celebración mundial da poesía» Santiago convírtese desde hoxe na capital da lírica. Esta tarde inaugúrase a «Celebración mundial da poesía», organizada polo PEN Clube de Galicia co patrocio no PEN internacional e da Unesco. Contará coa presencia de dous premios Nobel, o poeta americano Derek Walcott e o nixeriano Wolé Soyinka, que mañá protagonizan un recital que será presentado polo tamén poeta e aspirante ó Nobel, Xosé Luís Méndez Ferrín. A esta cita están convocados algúns dos autores máis relevantes de catro continentes.

CONCHA PINO

19 mar 2001

Neira Vilas, candidato á Academia

O autor de «Memorias dun neno labrego» cubriría unha das catro vacantes da entidade que preside Del Riego Xosé Neira Vilas pode ser o próximo que ingrese na Real Academia Galega. O autor de «Memorias dun neno labrego», o libro con máis exemplares vendidos da literatura galega, sona coma o seguinte notable que accederá á institución que se creou en 1905 na Habana, impulsada por Curros Enríquez. A Academia cubrirá no 2001 as cinco novas cadeiras creadas o ano pasado, cando os seus membros acordaron aumentar a 30 os 25 académicos a que reduxo nos primeiros anos oitenta os 40 con que se constituíu.

CONCHA PINO

17 mar 2001

A poeta Xohana Torres, elixida para ingresar na Real Academia Galega

É a terceira muller que accede á institución que preside Fernández del Riego A escritora Xohana Torres Fernández (Santiago, 1931) será a terceira muller que ocupará unha cadeira da Real Academia Galega. O pleno da institución aprobou onte por unanimidade o ingreso da poeta que renovou a lírica galega nos 50 no «sancta sanctorum» da intelectualidade galega, que preside o escritor Francisco Fernández del Riego desde 1977.

CONCHA PINO

16 mar 2001

Méndez Ferrín reclama en Cuntis mayor pluralismo y debate en la prensa gallega

El escritor y articulista recibió ayer el Premio de Xornalismo de Opinión Roberto Blanco Torres El escritor y articulista Xosé Luis Méndez Ferrín reclamó ayer en Cuntis, donde recibió el Premio de Xornalismo de Opinión Roberto Blanco Torres, mayor pluralismo y debate en la prensa gallega. El autor de «Elipsis e outras sombras» recordó a la asociación cultural O Meigallo porque antes de que la Academia Galega pusiera el nombre de Blanco Torres de actualidad, dijo, «fixo esforzos moi grandes porque coñecese unha segunda existencia». El galardón está dotado con un millón de pesetas y incluye la publicación de una recopilación y un estudio de los trabajos del autor por la Universidad de Santiago.

CRISTINA BARRAL Corresponsal

21 dic 2000

Ir Indo celebra su quince aniversario con la publicación de «Galicia 2020»

La editorial ha publicado más de 300 títulos y tiene la plantilla de trabajadores fijos más amplia del sector Para celebrar el décimo quinto aniversario del nacimiento de la editorial radicada en Vigo, Ir Indo presentó ayer el libro «Galicia 2020», obra en la que especialistas en diversos ámbitos del conocimiento han plasmado sus reflexiones sobre el futuro del país. Algunos de los autores, como Carlos Casares, Méndez Ferrín o Xosé Luis Barreiro participaron en el acto, que fue presidido por el alcalde de Vigo, Lois Pérez Castrillo. El editor de Ir Indo, Bieito Ledo, hizo un recorrido por la historia de la empresa.

B.R.S.

21 dic 2000

Méndez Ferrín gaña o premio de xornalismo Roberto Blanco Torres

O escritor vigués Xosé Luís Méndez Ferrín gañou a segunda edición do Premio de Xornalismo de Opinión Roberto Blanco Torres, que convocan cada ano, conxuntamente, o Concello de Cuntis e a Universidade de Santiago. Con este galardón, Ferrín recibe por primeira vez o recoñecemento á súa longa traxectoria como colaborador en diversos xornais e revistas.

ELISA ÁLVAREZ

27 nov 2000

Ferrín criticou a falla de compromiso político nos 50

O escritor participou nun acto organizado polo colectivo literario Sacou Da man do colectivo Sacou, desembarcou o sábado en Noia Xosé Luis Méndez Ferrín, quen logrou abarrotar o salón de plenos da casa consistorial. Nas súas intervencións recalcou un par de cousas. Por un lado, condenou o fenómeno da globalización. Por outro, deixou traslucir as súas diverxencias co movemento «piñeirista» dos anos cincuenta, pola súa «falla de implicación política».

S. ARES

08 oct 2000

Méndez Ferrín gaña o premio anual da Asociación de Escritores en Lingua Galega

A súa novela «No ventre do silencio» é considerada a mellor obra publicada en 1999 O escritor Xosé Luís Méndez Ferrín (Ourense, 1938) é o gañador do premio Asociación de Escritores en Lingua Galega 2000. Esta organización entende que a novela «No ventre do silencio», publicada por este autor, é a mellor obra literaria publicada no idioma de Galicia en 1999. O acto de entrega do galardón terá lugar en Vigo no mes de decembro.

REDACCIÓN