JOSÉ XAVIER BOM
A ENTREVISTA
Francisco Pillado, director da editora Laiovento A editora Laiovento celebra nesta primavera a primeira década de existencia. Esta empresa, creada en Santiago por seis socios, chegou a 180 títulos, cifra que triplica as previsións con que partiran. O seu director, Francisco Pillado Mayor, afirma que sempre os guiou «o intento de axudar a construir o país» e iso fixo que asumisen posicións de vanguarda que supuxeron enfrentar problemas como a publicación de textos en galego científico, pola falta de tradición. No futuro seguirán a primar ensaio, teatro e traducións.