A obra «Galicia. Unha luz no Atlántico» explica nas súas 500 páxinas «quen somos, onde estamos e cara onde queremos ir» «Eu non podo arredar as miñas verbas/ de todos os que sofren neste mundo./ E ti vives no mundo, terra miña,/ berce da miña estirpe,/ Galicia, doce mágoa das Españas,/ deitada frente ao mar, isse camiño ...». A lírica de Celso Emilio pinta un país ollando o mar do mundo. Láiase o poeta «dos homes bós que sofren longo/ unha historia contada en outra lingua». Para que a historia se conte nesa «lingua proletaria do meu pobo», un grupo de persoas viaxaron do pasado ó futuro que se está construíndo. O resultado chámase «Galicia. Unha luz no Atlántico», un libro de Xerais para saber quen somos, onde estamos e cara a onde queremos ir.
RODRI GARCÍA