Alfonso Pexegueiro leva feridas na alma: «As veces tamén tes dereito a arrepentirte de facer cousas». El fixo moitas no mundo da cultura e, aínda que non di cales o mancaron, é partidario de expoñer as feridas, «non ocultalas, porque vexo unha sociedade engangrenada, co retroceso que hai, e semella que nos toman por tontos». O poeta que participou na fundación da Asociación de Escritores en Lingua Galega, a revista Vagalume, o grupo Rompente ou os encontros Galeusca, segue a abrir camiños. Agora, na defensa dos nenos como suxeitos. «Se non, non se evitará a barbarie»
Rodri García