Andrés aparecerá de súpeto, como un elemento máis da cidade. Avanzando con calma entre a xente. Non poderás evitar miralo, nin a el, nin a súa bici. Probablemente cabalgará sobre algunha das súas creacións, que el mesmo constrúe peza a peza. As súas bicis customizadas son verdadeiras xoias singulares, silenciosas, que deixan tras de si unha sensación de irrealidade, ao mesmo tempo que volven desaparecer ao virar de calquera esquina.
MARCOS MÍGUEZ