Xosé Lois Carrera esculpe para a glorieta do Milenio unha peza de 110 toneladas sobre a victoria do home Son 110 toneladas dispostas coma unha mensaxe. Reivindicación dos vellos canteiros, da liberdade, da arte. Son 110 toneladas de pedra espíndose ante as miradas curiosas, pero escasas, dos veciños de Parada de Ribeira. Das terras da Limia saíu a pedra, nelas naceu o escultor e nelas se descubre a creación. Un proceso longo sobre o andamio, coa maza, o escantillón, o pico... As cuñas de ferro adéntranse na pedra e o artista, o canteiro ilustrado e apaixoado que é Xosé Lois Carrera, arríncalle o corazón coas mans. A alma sáelle á pedra polo xesto doce e sensual, pola cadencia tenue dun puño que se abre. Ao mundo, ao futuro, a este país.
MAR GIL