15 feb 2002
Volta a Vilagarcía o programa «Sube ó tren da lingua»
Máis de mil escolares do municipio participarán na iniciativa A máis divertida viaxe en tren. Paiasos, contacontos, grupos de animación e, sobre todo, un día de festa. Son as actividades que ofrece Caixanova, Renfe e Política Lingüistica nesta nova edición de «Sube ó tren da lingua», un programa que permitirá a máis de mil nenos de Vilagarcía viaxar de novo neste tren da fantasía en lingua galega.