Alfredo Suárez Canal, candidato do BNG ourensá ó Parlamento galego Todos os indicadores que manexa o BNG din que se pode producir o acontecemento histórico de cambio de goberno na Xunta. E o candidato ourensán do BNG, Alfredo Suárez Canal, predícao sen apenas elevar a voz, con economía xestual, concentrado en cada verba, pausadamente, como se quixera saborear a posibilidade, ao tempo que impedir un exorcismo sobre ela. Todos os indicadores do BNG levan ó cambio, recita Suárez Canal contando, dando por seguro, que «malia o que poidan decir nun sector do PSOE para facilitarlle o traballo a Fraga, ninguén dubida que, se o PP perde a maioría absoluta, haberá cambio». E para que ninguén lle tema á nova Xunta que se albisca, o candidato ourensán amosa o botón de mostra de Allariz.
C. H.