«Ourense é a provincia do mundo con maior número de caciques por quilómetro cadrado»
O candidato nacionalista destaca o «traballo de formigas, a pé de obra» do Bloque nos últimos anos O candidato nacionalista repite con insistencia nos mítines, e tamén neste café de redacción, que «hai que acabar coa concentración de poder absoluto de 12 anos de goberno do PP». E apostilla, ademais: «Ésta é a provincia con maior número de caciques por quilómetro cadrado do mundo». Unha aseveración coa que rememora o xenio creador do seu tío, o escritor Marcial Suárez. Pero no que atinxe a Galicia, destaca Suárez Canal que «a Xunta, en vez de gobernar, crea chiringuitos totalmente inútiles por todas partes como é o caso das fundacións sanitarias, que xa se replantexa integrar na rede pública». O número un da candidatura do BNG promete darlle un cambio manifesto ós doce anos de presidencia de Fraga e do PP na Xunta «dignificando a política e poñendo dunha vez a andar a esta comunidade, chea de recursos, pero sen dirección política».
C. H.