Rosalía de Castro e Federico García Lorca son os dous protagonistas principais de A Rosalía de Federico, un itinerario musical ideado por Amancio Prada para render homenaxe aos dous poetas e que, mediante a súa xira por Galicia, conmemorará tamén os 150 anos transcorridos desde a primeira edición de Cantares Gallegos.
Oito compañías e oito teatros son o punto de partida do novo programa de intercambio escénico entre Portugal e Galicia que comezará a realizarse nos primeiros días de outubro próximo. Este programa, denominado Troco x Troco permitirá a catro compañías galegas facer xira por catro teatros portugueses e a catro compañías lusas facer xira por Galicia.