13 jun 2002
Nace a compañía Cha Cha, do obradoiro de títeres de Lalín
Representará o día 23 a obra «Grandullón, o xigante abusón», no Museo Aller Froito do traballo desenrolado no obradoiro do Museo Galego da Marioneta de Lalín nos últimos meses, nace a compañía Cha Cha. Esta formación representará o vindeiro domingo 23 de xuño, ás 17 horas no Museo Municipal Ramón María Aller, a súa primeira obra. Un obradoiro ó que asisten numerosos cativos desexosos de mergullarse na arte de confeccionar e manexar títeres e marionetas. O futuro deste tipo de espectáculos na vila podería estar asegurado.
AMELIA FERREIROA