02 jul 2001
A Real Filharmonía reafirma na próxima temporada o estilo de Ros Marbá
A programación inclúe dúas óperas e a Ceccato, King e Rilling de directores invitados A Real Filharmonía de Galicia encara a próxima temporada, que se estreará no mes de outubro, cun programa que se reafirma na liña emprendida por Antoni Ros Marbá cando se fixo cargo da orquestra, en xaneiro deste ano. O secretario técnico da formación, Carlos Magán, fai un balance «moi positivo» destes seis meses. A ruptura de rutinas do repertorio clásico foi ben acollida polo público, polo que repetirán os concertos temáticos. E a orquesta está completa por primeira vez cos 47 membros de plantilla.
CONCHA PINO