TEMA Carlos Casares

Últimos artículos publicados

22 jun 2002

Xinzo volcouse na homenaxe en lembranza do escritor Carlos Casares

O Centro de Cultura Popular do Limia organizou o encontro en memoria do autor Os veciños e amigos de Carlos Casares non fallaron. A xornada de homenaxe ó desaparecido escritor, organizada polo Centro de Cultura Popular do Limia baixo o lema «Lembrando a Carlos Casares», serviu para revivir anécdotas, vivencias, tertulias e, sobre todo, o recordo dun gran home e un magnífico escritor. Os organizadores do acto quixeron con esta homenaxe agradecer a colaboración e apoio que sempre lles brindou Carlos Casares no proxecto de edición da revista Lhetes.

REDACCIÓN

22 jun 2002

Víctor Freixanes, único candidato para substituír a Casares na Academia Galega

O autor de «A cidade dos césares» califica de «emocionante» ocupar o posto do seu amigo Camiñaron xuntos moitos anos, os dous sendo escritores, os dous sendo editores, os dous sendo articulistas de prensa, os dous celebrando o seu cumpreanos o mesmo día, o 24 de agosto, San Bartolo. Agora, despois da morte de Carlos Casares, o seu compañeiro de camiño, Víctor Freixanes, vai ocupar o sitio do amigo na Real Academia Galega. Freixanes considera que a proposta «para min é un homor» e non pode evitar un lixeiro tremor na voz cando afirma que «substituír a Casares é emocionante»

RODRI GARCÍA

21 jun 2002

Casares «volveu» ó Liceo coa entrega do premio que mantén viva a súa memoria

A entidade ourensana fixo entrega dos galardóns do concurso que leva o nome do finado autor A memoria de Carlos Casares retornou onte ó espacio tan querido do Liceo de Ourense. O vello pazo ó que acudía Casares cada vez que o reclamaban e do que era «socio de honra e amigo», en palabras do presidente da entidade, entregou os premios da primeira convocatoria literaria que leva o nome do finado escritor ourensano. A viuva, o fillo maior de Casares, os seus irmáns e os seus amigos estiveron no vello pazo para lembrar a un home irrepetible que fixo de Ourense e do Liceo un espacio vivo da súa vida e a da súa obra.

X.M.R.

18 jun 2002

O público pide novela e obra infantil

Dentro do apartado de libros en galego Carlos Casares, Manuel Rivas e Suso de Toro son os máis demandados A Feira do Libro de Ourense segue acaparando o interese dos ourensáns. A organización sinalaba onte que a presencia de público e compradores na rúa do Paseo vai a «bo ritmo» e o volume de vendas «mantense con respecto a outros anos». Como acontece desde hai varios anos nas feiras do libro que se celebran por todo o Estado desde a organización non se facilitan datos en canto a títulos para evitar as «guerras» entre autores ou entre editoriais, segundo sinalaba Pilar Rodríguez, presidenta dos libreiros.

X.M.R.

15 jun 2002

A lectura colectiva do seu último libro foi unha homenaxe popular a Casares

O acto, programado polo Salón do Libro, convocou sobre todo a xente xove e anónima A lectura colectiva do último libro que publicou Carlos Casares uns meses antes de morrer, «A vida do padre Sarmiento», reuniu na carpa do Salón do Libro a personaxes da vida pública compostelana, encabezados polo alcalde, Sánchez Bugallo, que abriu a rolda, pero sobre todo a xente anónima e xove. Esta homenaxe a Casares, que faleceu o 9 de marzo, foi programada polos editores en recoñecemento ó autor literario e ó compañeiro que na súa faceta de editor era todo un símbolo á fronte de Galaxia.

CONCHA PINO

15 jun 2002

Xerais concede á Biblioteca 120 de La Voz o premio á cooperación no labor editorial

O galardón distingue «a máis importante iniciativa de alfabetización acometida na historia da literatura galega» A Biblioteca Galega 120 de La Voz de Galicia recibiu onte ó premio á cooperación no labor editorial que concede Edicións Xerais de Galicia. Deste xeito, distingue o esforzo dunha colección que pretende achegar ó maior número de lectores a literatura de calidade escrita en lingua galega. Este ano, o premio foi dedicado á memoria de Carlos Casares. Pero a noite tivo máis galardóns. Nun acto celebrado no Museo do Coiro de Allariz, Inma López Silva acadou o premio Xerais de novela con «Concubinas», mentres que Xosé Miranda levou para Lugo o Merlín con «Pel de lobo», unha historia de aventuras e terror.

REDACCIÓN

13 jun 2002

A Fundación Torrente presentouse cunha homenaxe ó seu mentor e a Carlos Casares

A sede da entidade inaugúrase o 27 de xaneiro do ano que vén coincidindo co cuarto aniversario da morte do escritor ferrolán Gonzalo Torrente Ballester cumpriría onte, día de San Antón, 92 anos. Por iso se fixo coincidir con esta data a presentación da Fundación que leva o seu nome, creada en Compostela por expreso desexo do escritor e por mor da implicación da Xunta, a Deputación de A Coruña, a Universidade e o Concello de Santiago. Pero o acto transcendeu o formalismo para converterse nunha emotiva homenaxe a Torrente Ballester e a Carlos Casares, coa participación das respectivas viúvas, Fernanda Sánchez-Guisande e Kristina Berg, e a edición dun libro con textos de Casares lembrando ó Torrente escritor e o amigo.

CONCHA PINO

10 jun 2002

A falta de acordo sobre o sucesor de Casares mantén vacante a dirección de Galaxia

O consello de administración propuxo a Damián Villalaín como director editorial pero a proposta está en suspenso Galaxia segue sen director ós tres meses da morte de Carlos Casares, a persoa que desde 1986 ostentaba o cargo na emblemática editora galega con sede en Vigo, e viña asumindo funcións xerenciais e editoriais. Trala repentina desaparición de Casares, o consello de administración de Galaxia acordou proporlle a Damián Villalaín, subdirector desde hai once anos, a dirección editorial con caracter urxente. Pero as negociacións rompéronse a mediados do pasado mes de maio, aínda que o conselleiro delegado, Manuel Meixide, asegurou onte que o tema está a punto de resolverse e que «Villalaín é un dos posibles candidatos».

CONCHA PINO

05 jun 2002

O libro galego ten o seu salón

Os editores de Galicia expoñen as súas publicacións ata o domingo nunha carpa instalada na Alameda A Asociación Galega de Editores inaugurou onte a cuarta edición do Salón do Libro Galego, que poderá ser visitada ata o domingo, nunha carpa instalada na Alameda de Vigo. Os visitantes terán acceso a dez mil títulos en exposición e venda.

REDACCIÓN

29 may 2002

Darío Villanueva será el nuevo hombre fuerte de la Fundación Camilo José Cela

Dos hermanos del escritor asumen nuevas responsabilidades en la entidad y el abogado Jorge Trías sustituye a Carlos Casares La viuda de Camilo José Cela lleva menos de cien días como presidenta de la Fundación a la que da nombre de su marido y empieza a notarse su mano. Darío Villanueva será el nuevo hombre fuerte de la institución, una vez que deje su cargo de rector de la Universidad de Santiago ya que pasará a ser el vicepresidente primero de la institución. El nuevo rector también será uno de los patronos. En la renovación de cargos, la Marquesa viuda de Iria Flavia ha dado nuevas responsabilidades a dos de sus cuñados: Ana y José Luis Cela. La primera será la encargada de los cursos de verano y el segundo pasa a ocuparse de la secretaría.

REDACCIÓN

27 may 2002

Manuel Rivas e Suso de Toro son os autores preferidos polos barbanzáns

Nas librerías da bisbarra véndense máis libros escritos en castelán que en lingua galega Na área barbancesa séguense a vender máis libros en castelán ca en galego. Nin sequera no Día das Letras Galegas se apreciou un aumento importante na súa venda, aínda que destacaron as publicacións para lembrar a Frei Martín Sarmiento, ó que se lle adicou este ano a festividade. Manuel Rivas e Suso de Toro son os escritores que se poden considerar os «best sellers» de Galicia. Contan con moitos seguidores e, precisamente, os seus últimos traballos están a ter unhas vendas bastante elevadas.

MODESTO DEL RÍO