TEMA Carlos Casares

Últimos artículos publicados

17 may 2002

O Salón do Libro Galego adica unha dobre homenaxe a Casares e Frei Sarmiento

Escritores, editores, políticos e espontáneos leron a biografía do escritor ourensán sobre o monxe bieito Nenos e maiores, homes e mulleres, morenos e louros, personalidades e coruñeses anónimos fixeron onte unha peculiar carreira de relevos para homenaxear ó protagonista do Día das Letras Galegas, Frei Martín Sarmiento, e ó escritor e editor Carlos Casares. Os participantes non tiveron que mover nin un pé. Baixo a carpa do Salón do Libro Galego, nos xardíns de Méndez Núñez, deixaron voar a imaxinación e leron de seguido «A vida do Padre Sarmiento», a biografía que Casares fixo sobre o monxe bieito.

REDACCIÓN

17 may 2002

A celebración do Día das Letras Galegas cumpriu onte a edición número corenta

Tres académicos reivindicaron a data no centenario da edición do libro «Cantares gallegos» Corenta edicións cumpriu onte o Día das Letras Galegas. Botando unha ollada o que pasou onte no país galego, e fóra del, parece que non mudou moito a celebración da xornada. Polo menos segundo conta no artigo desta páxina un dos membros da Real Academia Galega que pediu a celebración desta xornada, Francisco Fernández del Riego. Xunto con el asinaron o escrito dirixido a Academia Manuel Gómez Román e Xesús Ferro Couselo. O nacemento desta data está asociado o libro de Rosalía «Cantares gallegos»

RODRI GARCÍA

16 may 2002

Libros para fomentar a cultura

O delegado de Cultura entregou lotes de publicacións ós centros de ensino e o Concello de Ourense faino hoxe coas asociacións de veciños Os libros estanse a convertir nos grandes protagonitas da celebración do Día das Letras Galegas 2002. Onte foi o delegado de Cultura o que se achegou a varios colexios da cidade para entregar lotes de libros -co gallo do 17 de Maio- e hoxe será o Concello de Ourense o que faga dos libros o seu vehículo de expresión para celebrar o Día das Letras. Na cidade haberá ademáis todo un programa de actividades para celebrar o día no que se honra a Frei Martín Sarmiento e a toda a cultura de Galicia. Allariz, Xinzo, Ribadavia, O Carballiño, Verín, A Rúa e O Barco son só algúns dos lugares donde se celebran hoxe actividades.

REDACCIÓN

15 may 2002

La Voz reedita o primeiro «ensaio» sobre o galego escrito, por Frei Martín Sarmiento

«Coloquio en mil duascentas coplas galegas» é o libro que abriu as portas do Rexurdimento, segundo Henrique Monteagudo O autor dixo que era «un almacén de palabras». Aparentemente, Sarmiento tiña razón xa que fora apañando, por primeira vez en Galicia, o feixe de palabras que usaban as xentes e escribiunas no «Coloquio en mil duascentas coplas galegas», unha obra que ahora publica La Voz de Galicia dentro da Biblioteca Galega 120 e que onte foi presentada na sede da Real Academia Galega. O presidente da Xunta, Manuel Fraga, afirmou que «hoxe debemos felicitarnos por esta iniciativa de La Voz de Galicia de distribuír esta obra de Sarmiento entre os seus lectores, contribíndo dun xeito decidido á maior difusión da mesma».

REDACCIÓN

13 may 2002

Raigame recolle no seu último número un especial sobre Frei Martín Sarmiento

A publicación lembra a Casares, Rivas e García Ferreiro e inclúe traballos sobre literatura e etnografía A revista «Raigame» inclúe no seu último número un especial adicado á figura de Frei Martín Sarmiento no que se estudian diferentes facetas do autor ó que está adicado este ano o Día das Letras Galegas. A publicación foi presentada onte na Deputación.

REDACCIÓN

10 may 2002

A presentación da última novela de Casares amosa as múltiples facianas do escritor

«O sol do verán» foi entregado polo autor o día anterior ó seu pasamento, hai dous meses A derradeira novela de Carlos Casares foi presentada onte, no Teatro Fraga Caixa Galicia de Vigo, coa presencia de diversos persoeiros da cultura galega. «O sol do verán» foi entregada por Carlos Casares ó editor un día antes do seu pasamento, hai dous meses. O acto estivo presidido polo director xeral de Caixa Galicia, José Luis Méndez, e contou coa participación de Alfonso Zulueta de Haz, presidente do Consello da Cultura Galega, Xosé Ramón Barreiro, presidente da Real Academia Galega, Hakae Casares, fillo de Carlos Casares, Damián Villalaín, subdirector da Editorial Galaxia, e o escritor Manuel Rivas.

JORGE LAMAS

04 may 2002

A entrega dos premios da Crítica convírtese nunha homenaxe a Casares

Os galardóns, que distinguen o labor en diferentes eidos da cultura galega, celebran este ano a súa vixesimoquinta edición O recente pasamento de Carlos Casares non foi esquecido polos membros da Fundación dos Premios da Crítica de Galicia. Onte, na ceremonia de entrega dos premios celebrada no teatro Caixanova de Vigo, os membros do padroado da fundación distinguiron ó escritor ourensán co título de Galego Egrexio do 2002, e subliñaron a admiración que lles merece a súa adicación a Galicia, «a xenialidade literaria e a súa transcendencia futura». Os premiados nesta edición foron os profesores universitarios Narciso de Gabriel e Olivia Rodríguez, o artista Leopoldo Nóvoa, o gaiteiro Henrique Otero, o poeta Manuel María, e os pobos do Couto Mixto.

JORGE LAMAS

02 may 2002

«Risco foi sempre un mestre»

Olivia Rodríguez, autora de «Estética e teoría da cultura en Risco» Olivia Rodríguez González, profesora de Filoloxía da Universidade da Coruña, presenta hoxe no Liceo a súa obra Estética e teoría da cultura en Vicente Risco .

XOSÉ MANOEL RODRÍGUEZ

01 may 2002

As editoriais vólcanse na publicación de obras sobre Martín Sarmiento

O Día das Letras Galegas é unha fiestra para achegarse a un escritor e ó seu tempo. A través dos libros que veñen de publicar as editoriais é posible remontarse ata o século XVIII e coñecer a Galicia daqueles anos. A defensa da lingua, a botánica, ou o ensino racional foron algunhas das actividades do fraile bieito, a quen na casa gustaban de chamar Perucho. Ademais, ven a luz algunhas das obras que escribiu Martín Sarmiento, como a súa viaxe a Galicia no ano 1745.

XESÚS FRAGA