Aquilino Iglesia supera a guerra cos poemas recollidos en «Cómaros verdes»
Neste caso debemos ter presente que se trata dun libro acumulativo -poemas escritos ao longo de tres lustros (1932-1947)-, e polo tanto non ten unha tonalidade unitaria senón que as dúas primeiras seccións -E vou namorado (con pezas como Aló tras do Padornelo, Canté ruliña ou Un día ) e O pastor das horas (no que engloba Ó mencer, Brétema ou Nos curros de Aldoar - están formadas por poemas dos anos 30, moi próximos aos dos seus primeiros libros -Señardá (1930) e Corazón ao vento (1932)-, se ben se inclina cara a unha poética moito máis persoal e menos libresca, pero na que é perceptible certos ecos de neotrobadorismo, da poesía hilozoísta, certas formas creacionistas e neopopulares, iso si, moi ben asimilados. Lecturas cualificadas
LUCIANO RODRÍGUEZ