TEMA Centro Dramático Galego

Últimos artículos publicados

18 jun 2002

Críticas ó CDG por escenificar a Castelao en castelán

A Mesa pola Normalización considera a actuación «unha provocación» En 1998 a decisión do Centro Dramático Galego de representar a Valle Inclán foi moi contestada. Agora, a súa colaboración co Centro Dramático Nacional para representar a obra de Castelao «Os vellos non deben de namorarse» en castelán tamén encendeu os ánimos da Mesa pola Normalización Lingüística.

REDACCIÓN

14 may 2002

«Escribín para os que non ían ó teatro»

Francisco Taxes, dramaturgo A primeira obra de teatro que Francisco Taxes escribiu foi «O velorio». Foi como chegar e ganar. A obra tivo un éxito grandísimo en todos cantos teatros se representou e aínda hoxe soa no teatro galego como unha obra mítica. Esta obra cumprirá 25 anos no 2003 e o Centro Dramático Galego ten previsto producila con case o mesmo reparto que a estrenou naquel tempo de esperanza e incertidume. Taxes non prestou entón, nin agora, moita atención ó exito, pero cre que se a obra tivo tanta fama foi «porque estaba escrita para que os espectadores se divertisen e os personaxes falaban do mesmo xeito que fala a xente».

CAMILO FRANCO

26 mar 2002

«Os autores teatrais somos moito máis clandestinos do que pode ser Manu Chao»

Raúl Dans, dramaturgo e guionista «Os autores teatrais somos clandestinos» Para Raúl Dans o teatro é un espacio cada vez máis interior. En parte porque pese a considerarse un privilexiado, as súas obras case non se estrean. Esa circunstancia común ós dramaturgos galegos sen compañía, leva a Raúl Dans a considerarse moito máis clandestino que Manu Chao e a sentirse cómodo nese papel porque «unha vez que deixei de pensar en representar ou non, agora escribo o que quero». Dans, que escribe tamén guións para televisión, cre que hai un círculo vicioso que impide que os autores cheguen ós escenarios e «eso implica a falta de confrontar co público a túa obra».

CAMILO FRANCO

02 mar 2002

Ibsen recala no Salón Teatro

O CDG estreou a obra «Os espectros» o venres, e estará en cartel de martes a domingos ate o 7 de abril Cando o autor noruego Henrik Ibsen escribiu «Os espectros» o século XIX entraba na súa última década. Galicia incorpora esta peza ó seu repertorio teatral, coa que arranca o teatro moderno europeo, con máis dun século de distancia. A vixencia do texto renóvase cunha posta en escea dirixida polo actor e director portugués Rui Madeira, que aceptou a proposta do Centro Dramático Galego de abordar este espectáculo en coproducción coa Companhia de Teatro de Braga. A montaxe é fiel a un texto que busca respostas, a verdade, no seo dunha sociedade burguesa, rexida por unha moral estricta e falsa, inútil fronte á realidade dunha ética hipócrita.

CONCHA PINO

25 feb 2002

O CDG estrea «Espectros», obra de Ibsen coa que nace o teatro contemporáneo

A montaxe, coproducida coa Companhia de Teatro de Braga, representarase en cinco cidades portuguesas Un século despois da súa estrea en París, o Centro Dramático Galego incorpora á cultura galega o texto co que arranca o teatro europeo contemporáneo, «Os Espectros», de Henrik Ibsen. A montaxe, coproducida coa Companhia de Teatro de Braga e dirixida por Rui Madeira, estréase o venres no Salón Teatro de Santiago, donde se representará ate que, a mediados de abril, inicie unha xira polas cidades portuguesas de Coimbra, Évora, Lisboa, Braga e Viana do Castelo, trala que se verá no circuito teatral de Galicia.

C. P.

16 feb 2002

Ribadeo pretende atraer público de A Mariña y Asturias a su auditorio

CULTURA El Concello refuerza su programa cultural con el mejor teatro profesional de Galicia Ribadeo, punto de encuentro de gallegos y de asturianos para tantas cosas durante tanto tiempo, intenta que su programación cultural sea un nuevo motivo de reunión para los «primos hermanos» de las dos riberas del Eo. El gobierno municipal presentó ayer la oferta del primer semestre del año, caracterizada por la colaboración con las agrupaciones locales y por la diversidad. Música, cine y teatro alternarán con premios literarios como el ya clásico certamen escolar Diadema de Ribadeo.

06 feb 2002

Teatro de Adro recupera a Xosé Manuel Olveira «Pico» para a escena privada

Intervén na obra escrita e dirixida por Cándido Pazó que se representa esta fin de semana na Galán O actor Xosé Manuel Olveira «Pico» regresa ós circuitos das compañías privadas despois de perto de nove anos facendo teatro en produccións do Centro Dramático Galego. Agora regresa ás orixes, «porque me empezaba a sentir un pouco funcionario e necesitaba cambiar de aires», para compartir protagonismo con Xosé Antonio Porto, «Josito», na obra de Teatro de Adro «O binomio de Newton», escrita e dirixida por Cándido Pazó, que se representa esta noite, mañá e pasado na sala Teatro Galán.

C.P.