Sarabela representa a Calderon e o CDG recupera unha comedia coa revolución francesa como fondo En marzo, o teatro galego estrea temporada. Nestes primeiros días do mes, sete compañías estrearon ou estrearán novas montaxes. Mañán, comeza en Compostela a Feira do Teatro e, cara a fin de mes, terá lugar a entrega dos María Casares, que organizan os profesionais da escena galega. Un mes no que volven o debate sobre a case crónica crise do teatro en galego, sobre a falta de circuitos e sobre o peso das subvencións (e da súa ausencia) nas táboas de Galicia. Xusto este último argumento é o que levanta a polémica dos profesionais, acaso polo recorte continuado e progresivo das axudas.
C. F.