TEMA Centro Dramático Galego

Últimos artículos publicados

30 oct 2000

O CDG estrea mañá no Salón Teatro «Calígula», de Camus

O Centro Dramático Galego estrea mañá no Salón Teatro Calígula, a primeira producción da temporada 2000-2001 da compañía institucional. O director do CDG, Manuel Guede, e o responsable da adaptación, dramaturxia e a dirección do Calígula de Albert Camus, que o director ourensano confía que «contribúa a enriquece-la nosa lingua e a nosa escea».

C.P.

03 oct 2000

O CDG inicia a temporada teatral con «Calígula» e «A cacatúa verde»

Pérez Varela anuncia para o 2001 a convocatoria para dúas compañías residentes Dúas versións do poder, «Calígula» e «A cacatúa verde», concentran a actividade do Centro Dramático Galego para a temporada 2000-2001. Pero o ano teatral da compañía institucional presenta novidades como a constitución dun circuíto de distribución e intercambio co Norte de Portugal, unha coproducción co centro Dramático de Viana e, segundo anunciou o conselleiro de Cultura, a convocatoria o ano que vén para unha ou dúas compañías residentes, alí onde haxa acordo para dispor dunha sala de teatro estable.

CONCHA PINO

28 sep 2000

El CDG intercambiará producciones teatrales con grupos de Portugal

Su director, Manuel Guede, lamentó el «minifundio» de compañías que existe en Galicia El director del Centro Dramático Galego, Manuel Guede, anunció en su ponencia de la UIMP «a próxima creación do grupo de traballo Galicia-Norte de Portugal». Esta iniciativa tendrá como compromiso «intercambiar as produccións dos Centros Dramáticos de Viana, Braga, O Porto e Galicia». Por otro lado, Guede criticó en la UIMP la «miseria da existencia do minifundio no ámbito teatral» que, según afirmó, conlleva a que en Galicia «nunca seremos capaces de realizar proxectos colectivos».

REDACCIÓN

06 sep 2000

«Calígula» inaugura en novembro a temporada do Centro Dramático Galego

A obra teatral de Albert Camus está dirixida por Manuel Guede O Centro Dramático Galego estrena a temporada teatral con «Calígula», de Albert Camus. Esta obra, traducida, adaptada e dirixida por Manuel Guede Oliva, director do CDG, é a primeira das dúas produccións que vai facer a compañía institucional ate outubro do ano que vén. A estrena terá lugar o 1 de novembro no Salón Teatro de Santiago, pero haberá unha preestrea na cidade portuguesa de Viana do castelo, o 27 e 28 de outubro, donde pechará o festival de teatro ou «Festeixo» desta vila. O actor Antonio Durán «Morris» será o protagonista da obra, interpretando ó mítico emperador romano Calígula.

CONCHA PINO

10 jun 2000

O Museo Granell presentou o sábado de madruga o libro «As doce e sereno»

O autor do poemario é o director do Centro Dramático Galego Manuel Guede Con melindres e licor café non hai convocatoria que se resista. A cita, as doce da noite do venres na Fundación Granell, foi para a presentación do libro de poemas As doce e sereno, de Manuel Guede Oliva, aurensano que as circunstancias fixeron nacer en Venezuela en 1956, e afincado en Compostela, donde dirixe o Centro Dramático Galego.

CONCHA PINO