As primeiras noticias escritas sobre a localidade aparecen a finais do século XIII nun documento do Tumbo Negro da catedral de Astorga O concello de A Veiga está formado por 29 pobos se ben ata hai uns anos tiña dous máis: Olerios, que non sabemos cando desapareceu, e Alberguería que quedou asolagado o 9 de maio de 1959, polas augas do encoro de Prada. Alberguería é un topónimo derivado da voz gótica «horibairgo», que significa «alonxamento», utilizado para designar aqueles lugares onde había pousadas ou alberguerías. Son varios os pobos que reciben este nome en Galicia: na parroquia de Moraime, no concello de Muxía; na parroquia de Cerrreda, no concello de Nogueira de Ramuín; e na parroquia de Castro, na Estrada.
A. CASTRO VOCES