08 feb 2001
«Hai que impulsar os temas relacionados coa xuventude»
MAICA SIMÓN A ENTREVISTA Manuel Capelo, presidente da asociación de veciños de Lires-Cee Despois de dous mandatos e oito anos á fronte da asociación de veciños da parroquia ceense de Lires, Manuel Capelo considera que nestes tempos a entidade ten importancia, pero atravesa un pequeno «bache». Baixo o seu punto de vista, a agrupación debe afondar máis en aspectos de interese para os novos, polo que pensa que «hai que impulsar os temas relacionados coa xuventude».