29 jun 2002
A directiva do colectivo A Unión presentará en xullo a renuncia e convocará eleccións
O mandato dos actuais responsables da entidade concluirá coa publicación dun novo número da revista O socaire Os integrantes da directiva da asociación A Unión, ó frente da que se atopa Ángel Torrado, presentarán no transcurso dunha asamblea que se celebrará a finais de xullo a súa renuncia. Abrirase entón un proceso electoral para desginar ós novos dirixentes da entidade veciñal de Cabo de Cruz. O aínda presidente cree difícil que alguén concurra ós comicios. Aínda así, anunciou que é improbable que el repita no cargo que ven ocupando ó longo dos dous últimos anos. O motivo, segundo manifestou o propio Torrado, son as malas relacións que existen actualmente entre a dirección do colectivo e o grupo de goberno de Boiro.