No certame participarán máis de cincocentos artistas pertencentes a doce grupos de todo o mundo As Xornadas de Folclore de Ourense traerán este ano a preto de cincocentos artistas á provincia -ós que hai que sumar ós compoñentes de Castro Floxo-. As Xornadas celebraranse este ano do 5 ó 14 de agosto e nas mesmas está previsto que participen grupos de once paises, ademáis dos galegos. Unha experiencia artística que levará, un ano máis, unha selección do mellor folclore que se fai en todo o mundo polas comarcas e as vilas da provincia. Ademáis inclúese unha actuación en Monforte e outra en Chaves.
REDACCIÓN