TEMA Editorial Galaxia

Últimos artículos publicados

13 mar 2002

A novela póstuma de Casares, «O sol do verán», aparecerá en abril

O escritor deixou corrixida e lista para editar unha historia de amor narrada por unha muller Nos primeiros días de abril estará nas librerías a novela póstuma de Carlos Casares, «O sol do verán», editada por Galaxia na colección Literaria. O escritor, falecido o pasado día 9, deixou corrixidas as probas e o manuscrito entra hoxe mesmo no prelo. Ó longo de 240 páxinas, Casares conta unha historia de amor e morte narrada en primeira persoa por unha muller, que vai rememorando a vida que compartiu cun home a partires do seu suicidio. Os veráns na aldea son o punto de inflexión desas vivencias.

CONCHA PINO

09 mar 2002

A homenaxe a Don Paco foi un inesperado adeus a Carlos

JORGE LAMAS / EN DIRECTO ONTE, tódalas persoas que estiveron presentes na homenaxe a Fernández del Riego, meditaban sobre a insoportable fraxilidade da existencia humana nos aledaños do tanatorio de Vigo. Ninguén podía dar creto ó inesperado xiro dos acontecementos. Só unhas horas antes, Carlos Casares era un invitado máis no acto de agradecemento á traxectoria de don Paco . Onte xa era unha persoa da que todos falaban empregando con emoción os tempos pasados nos verbos.

03 dic 2001

«Ourense sempre está na miña obra»

Árturo Lezcano, autor do libro de relatos «Só os mortos soterran os seus mortos» O xornalista e escritor ourensano Arturo Lezcano está a presentar estos días por Galicia o seu último traballo: o libro de relatos «Só os mortos soterran os seus mortos» (Editorial Galaxia, 2001). Doce relatos que se enmarcan na narrativa fantástica e que lle teñen valido ó seu autor unha boa acollida por parte da crítica, con referentes á sinxeleza narrativa, ós diferentes xéneros empregados -desde o xornalístico á relectura histórica-, á desbordante imaxinación do autor ou á influencia de Poe e Lovecraft.

XOSÉ MANOEL RODRÍGUEZ

30 nov 2001

DON PACO

VÍCTOR F. FREIXANES VENTO NAS VELAS

10 nov 2001

Noche mágica con el premio García Barros

Varios invitados destacaron que «o certame de novela é un exemplo dun pobo que traballa pola súa cultura e língua» El acto de entrega del premio de novela García Barros al ganador en la última edición del certamen constituyó, en la noche del pasado viernes, un encuentro social y cultural de notable peso específico, con destacados personajes de la literatura y la política gallega y estradense como invitados. Bieito Iglesias comentó, tras recoger el premio, que su obra, «A historia escríbese de noite», es un retrato literario de la Galicia contemporánea, llena de humor, una historia privada y singular, pero colectiva.

REDACCIÓN