TEMA Editorial Galaxia

Últimos artículos publicados

28 oct 2001

As editoriais galegas rompen o acordo para facer libros de texto

Problemas empresariais botaron por terra a unión entre Galaxia, Bahía, Sotelo Blanco e A Nosa Terra As catro editoriais galegas que no mes de xuño anunciaban un acordo para editar, de forma conxunta, libros de texto no noso idioma, romperon o acordo esta mesma semana. A idea que xurdiu antes do verán era que Galaxia, Bahía, A Nosa Terra e Sotelo Blanco xuntasen os seus esforzos e capital para competir cos grandes «monstros» dos libros de colexio, Santillana e Anaya. Sen embargo, segundo fontes de Galaxia, houbo problemas editoriais -seica económicos- que impediron a materialización da unión.

REDACCIÓN

08 sep 2001

A catedrática Rosario Álvarez, elixida numeraria da Real Academia Galega

A nova académica é autora de obras como «Gramática galega» ou «O galego: recuperación da autoestima» A Real Academia Galega terá outra muller entre os seus membros numerarios. Así se acordou onte na xuntanzan que celebrou a entidade na que foi aprobada a proposta de Antón Santamarina, Manuel González e Xosé Ramón Barreiro de nomear a María Rosario Álvarez Blanco para cubrir unha das catro vacantes que ten a institución. A nova académica ten entre as súas obras máis sobranceiras a «Gramática galega», da que a editorial Galaxia xa leva publicadas media ducia de edicións.

REDACCIÓN

06 sep 2001

Un largo camiño para o acordo

A nova normativa podería facer realidade un dos obxectivos fixados na fundación da Academia Galega hai case un século O conflicto normativo sobre o idioma galego, que se fai expreso no século XIX, estaba xa presente nos textos anteriores. Así, partindo da unidade lingüística galego-portuguesa establecida na Idade Media, foise producindo un progresivo afastamento das linguas que se falan en Portugal e en Galicia. Esta diferencia afonda ata que no século XIX a recuperación escrita do galego se leva a cabo coa ortografía do castelán. A anarquía do galego neste século impulsa a creación da Real Academia Galega (1906) co obxectivo frustrado de facer unha gramática e un diccionario.

REDACCIÓN

16 ago 2001

«Os rapaces son o futuro»

CÁNDIDA ANDALUZ A ENTREVISTA Francisco Delgado, autor do libro infaltil «O neno mentirán e o lobo»

27 jul 2001

Atracón festivo en Arousa

La Festa do Albariño y la Romaría Vikinga llenan la semana que viene de espectáculos Los aficionados a la fiesta van a necesitar una buena brújula para no perderse entre los numerosos actos que se organizan en la comarca de Arousa. El «atracón» lúdico comienza este fin de semana: El antepregón de las fiestas del Albariño de Cambados dará luz verde a una apretada agenda de espectáculos que incluye, en los próximos siete días, casi un concierto por noche. El lunes se suman a la oferta festiva los «bárbaros» visitantes del norte, que darán comienzo a la Romaría Vikinga de Catoira con una obra de teatro, «A sombra da traizón». Cambados y Catoira coinciden el 5 de agosto con su «día grande».

24 jun 2001

Reeditado o libro do reencontro entre Castelao e Otero Pedrayo

A nova edición de «Polos vieiros da saudade» foi presentada onte no Pazo de Trasalba O Pazo de Trasalba convertiuse onte, como cada ano, en punto de encontro para os intelectuais e os homes da cultura de Galicia. A entrega do premio Trasalba a Méndez Ferrín serviu ademáis para presentar a reedición dunha obra de Ramón Otero Pedrayo: «Polos vieiros da saudade». Publicada en 1952, agora a Editorial Galaxia vén de reeditar este libro, que narra a primeira viaxe de Otero Pedrayo a Bos Aires, nunha edición preparada por Luis González Tosar e Alfonso Vázquez Monxardín.

XOSÉ MANOEL RODRÍGUEZ

23 may 2001

«Pretendemos facer xustiza a un home que fixo moitas cousas por Galicia»

FRANCISCO ALBO A ENTREVISTA Valentín Arias, coautor da biografía do empresario e mecenas Antón de Barreiros O escritor sarriao Valentín Arias está a piques de publicar unha biografía do empresario e mecenas Antonio Fernández López, ou Antón de Barreiros, que escribiu xunto con Avelino Pousa Antelo. Os dous autores do libro «Antón de Barreiros, empresario dun país e dun tempo» coñeceron persoalmente ao biografado, con quen colaboraron nos seus proxectos educativos. O fundador da Granxa de Barreiros e de numerosas empresas galegas, falecido en 1971, é para Valentín Arias todo un referente moral.

19 may 2001

Las Tertulias del Moderno debaten sobre nuevos literatos

Casares, Aleixandre y Riveiro Coello participarán en el encuentro Las Tertulias del Café Moderno reunirán en la tarde del próximo jueves en Pontevedra a los escritores Carlos Casares, Marilar Aleixandre y Antón Riveiro Coello para debatir sobre «Los nuevos valores literarios». La tertulia será parcialmente retransmitida a través de Onda Cero.

REDACCIÓN