TEMA Eduardo Blanco Amor

Últimos artículos publicados

16 may 2001

Un romance no reino da farsa

Sarabela Teatro puxo en escea na casa de cultura unha das obras do escritor Eduardo Blanco Amor «Romance de Micomicón e Adelaha», un título creado por Eduardo Blanco Amor que chegou onte á casa de cultura de Vilagarcía da man de Sarabela Teatro. Os laureles das Letras Galegas non son só para o homenaxeado, Eladio Rodríguez, senon para tódolos literatos e para a propia lingua. O público vilagarcián puido disfrutar dunha farsa baixo do telón, habitada por personaxes desquiciados e polo máis tenro do ser humán. Todo saído da pluma deste escritor, a quen o Concello lle adicará un premio de novela.

29 abr 2001

García Negro reivindica unha maior valorización para os clásicos galegos

Xosé Carlos Caneiro e Fernández Paz disentiron na visión da literatura na escola, nas Xornadas da Lingua A profesora Pilar García Negro insistiu onte na súa coñecida reivindicación de que se valoricen máis os clásicos galegos, nunha mesa redonda celebrada na sesión de encerramento das Xornadas de Lingua e Literatura. Xosé Carlos Caneiro e Agustín Fernández Paz disentiron sobre a función das letras galegas no ensino. Ás intervencións, moderadas por Marta Dacosta, seguiu un intenso e interesante debate.

REDACCIÓN

28 mar 2001

O premio de novela Blanco Amor centrará o ano cultural de Vilagarcía

O Concello porá en marcha durante os próximos meses actividades relacionadas co escritor ourensán En Vilagarcía, o que queda de ano 2001 será ano cultural Blanco Amor. Coa presencia da alcadesa de Oleiros, que o ano pasado foi o encargado da súa organización, presentouse onte en Vilagarcía o premio Blanco Amor, un premio promovido por unha boa parte dos municipios de Galicia e que nos últimos anos veuse consolidando como un dos máis salientables premios de novela en Galicia. O premio será o núcleo central dunha dinámica cultural que traerá a Vilagarcía teatro, exposicións, mesas redondas e outras actividades que pretender dar a coñecer a obra de Blanco Amor e a narrativa galega.

16 feb 2001

Unha aldea de fronteira

LIBROS Xosé Carlos Caneiro suliñou o carácter feliz e entretenido da súa novela «Ébora» Ébora é unha vila situada a escasos metros da fronteira portuguesa. Ébora é sinónimo de liberdade, unha obra literaria, a última polo de agora, do escritor ourensán, Xosé Carlos Caneiro. No Liceo foi presentada onte pola tarde. Editada por Xerais, seu autor asegura que é unha obra fácil de ler. O libro acadou recentemente os premios Blanco Amor e Eixo Atlántico, algo que xa non é novedoso no curriculum deste home que vive e soña dende Verín.

J.M.G.

03 feb 2001

Los usuarios de la biblioteca retiraron el pasado año más de 13.000 libros

El alcalde destacó un fuerte incremento en la demanda de novelas escritas en gallego Los usuarios de la biblioteca municipal de Betanzos leyeron el pasado año 13.115 libros, según se desprende de la memoria presentada ayer por el alcalde, Manuel Lagares. Entre los libros más leídos se encuentran los de novela, historia y autores clásicos. Quienes más acuden son los alumnos de los distintos centros escolares. También es de destacar el incremento de la lectura de los libros en gallego. Entre los escritores más leídos se encuentran Rosalía de Castro, Castelao, Blanco Amor y Manuel Rivas.

REDACCIÓN

21 ene 2001

Un libro recogerá las cartas que los gallegos enviaron a Unamuno

Los textos revelan las inquietudes de los intelectuales de principios del siglo XX sobre política o cultura Querido amigo, ilustre señor o respetable maestro. Son tres de los apelativos con que algunos gallegos encabezaron las cartas que remitieron al escritor Miguel de Unamuno. Esta correspondencia -778 documentos de 262 personas- fue estudiada por Alexandre Rodríguez Guerra y el Centro Ramón Piñeiro la ha recogido en una amplia antología. A través de ellos se conocen no sólo más rasgos de la personalidad del autor, sino también parte de las inquietudes y aspiraciones de sus corresponsales.

JESÚS FRAGA

11 ene 2001

«Escribo con total liberdade»

Xosé Carlos Caneiro, escritor A Casa de Cultura de Verín acolle este serán, ás 8, a presentación do último libro de Xosé Carlos Caneiro. Una obra que xa conseguiu suscitar unha expectación e un interés fóra do normal antes de entrar no prelo, ó ter conseguido con escasas horas de diferencia os premios Blanco Amor e Eixo Atlántico. Para Xosé Carlos Caneiro presentar «Ébora» en Verín é un acto emotivo «xa que levo dez anos sen presentar un libro na miña vila».

X.M.R.

05 ene 2001

Lectores de fin de milenio

ACTIVIDADES CULTURALES La biblioteca pública de Monforte registró casi 13.000 usuarios a lo largo del pasado año

19 dic 2000

Vilagarcía acepta organiza-la vindeira edición do premio de novela Blanco Amor

O Concello recibíu onte a notificación do seu nomeamento como sede do certame en decembro do 2001 O Concello de Vilagarcía recibíu onte a notificación oficial da súa escolla como sede da vindeira edición do premio de novela longa Eduardo Blanco Amor. Unha designación que o municipio arousán aceptou con satisfacción na xornada de onte, catro días despois de ser elexido por sorteo en Oleiros durante a cerimonia de entrega do galardón anual do certame. A tardanza da comunicación e o feito de non recibir ningunha invitación para asistir a dito acto causou certo malestar en Ravella. Non obstante, o Concello zanxou o tema atribuíndoo a un problema de comunicación, e anunciou o pronto inicio dos preparativos do premio.

16 dic 2000

Vilagarcía, designada para organizar o premio Blanco Amor

O concello non recibiu comunicación do nomeamento, pese a ter confirmada a súa participación no sorteo O Concello de Vilagarcía foi designado para organizar a próxima edición do premio Blanco Amor de novela, un dos tradicionais galardóns que cada ano se entrega no panorama da literatura galega. A desinación recaeu en Vilagarcía tralo sorteo realizado en Oleiro, onde se entregou na noite do venres este premio. Sen embargo, o Concello de Vilagarcía non foi advertido desta designación que se fixo pública na mesma cerimonia de entrega. A singularidade deste premio é que cada ano debe ser organizado por un concello diferente, partindo dunha lista de municipios que confirmaron a súa intención de ser organizadores.