14 dic 2000
«A literatura é un destino»
Xosé Carlos Caneiro, gañador do Eixo Atlántico e o Blanco Amor Xosé Carlos Caneiro (Verín, 1963) recolle esta noite en Oleiros o Premio Blanco Amor de Novela, polo seu libro «Ébora», galardonado tamén co Eixo Atlántico. Unha obra, que chega precisamente hoxe ás librerías, coa que o escritor ourensán culmina «a pentaloxía iniciada con `Infortunio da soidade''». «Probablemente -engade- esta é a miña novela máis feliz». Caneiro, que compaxina a literatura co seu labor na docencia («porque non me queda outro remedio», confesa sorrindo), di que, para el, a escrita é «un destino».