02 may 2025
Víctor Freixanes, presidente da RAG: «Moitos da miña xeración non somos Balbinos. Aos 15 anos dixen na casa que ía falar galego e botáronse a rir»
O escritor que xogou con éxito todos os naipes no mundo do libro vén de cumprir os 70 anos cun reto á fronte da Real Academia Galega. Falamos da vida, da literatura, da lingua e da memoria íntima e do país. «Non todos somos Balbinos, e iso tamén ten o seu mérito», defende con humor