25 may 2002
Regreso ós tempos de Valle-Inclán
Unha exposición ubicada na torre pobrense de Bermúdez permite percorrer a época na que viviu o pai do esperpento O conselleiro de Presidencia, Jaime Pita, inaugurou o pasado venres en Pobra do Caramiñal a mostra « Valle¿Inclán y su tiempo» , que quedará exposta de forma permanente na torre de Bermúdez. A colección, cedida polo Ministerio de Cultura e ubicada no baixo do museo, permite adentrarse na vida do autor de obras como «Sonatas» e rememorar os acontecementos máis importantes da súa época.