Suso Mosquera, secretario xeral de Unión Xeral de Traballadores de Galicia É o decano dos axentes sociais galegos, non só por dirixi-lo sindicato máis antigo, a Unión Xeral de Traballadores (UXT), senón tamén polos vinteún anos que leva de secretario xeral en Galicia. Retirados ou desprazados os históricos Manuel Mera, Suso Díaz e Fernando Acuña, Suso Mosquera fica como o vello raposo do sindicalismo galego. Pero a veteranía non lle leva á pasividade. Xa desde o ano pasado, cando encamiñou a UXT á folga xeral coa CIG, Mosquera está en pé de guerra. «A política de pasteleo institucional coa Xunta dos sindicatos, que parecían formar parte da paisaxe oficial, non ten senso hoxe», proclama.
ANXO LUGILDE