31 may 2002
Antonio Taboada asume a presidencia do Portadeza acompañado de 13 directivos
BALONMÁN O concelleiro de Deportes de Lalín promételles ós novos responsables un local para o clube Tras varias asembleas infructuosas, o Portadeza Lalín conta desde o xoves cunha nova directiva, que asegurará a marcha do clube cando menos durante un ano. Os socios aprobaron por unanimidade unha lista con catorce nomes, encabezada polo ata agora delegado do equipo xuvenil, Antonio Taboada Muíños. Román Pedreira figura como o único repetidor da «staff» saínte. O concelleiro de Deportes lalinés, Fernando Varela, amosou o seu respaldo ós novos responsables coa súa asistencia á reunión e, sobre todo, coa promesa de cederlle un local municipal á entidade deportiva.
REDACCIÓN