Darío Xohán Cabana, narrador e poeta Dende a publicación de «Verbas a un irmao», en 1970, Darío Xohán Cabana é unha das voces de referencia no mundo das letras galegas. Pola súa obra, que abrangue poesía, narrativa fantástica, relatos curtos e mesmo contos para nenos, recibiu varios premios. Escritor preocupado polo futuro do país, Cabana manifesta ter «un amor desesperado pola terra galega que chega a ser físico», e tenta trasladar esta obsesión ós seus libros. Neles recurre con frecuencia á fantasía como metáfora da realidade na que lle tocou vivir. A súa intención, exenta de pretenciosidade: contribuír cunha pequena pedra a levantar a catedral da literatura galega.
PABLO R. GAVÍN