TEMA Literatura galega

Últimos artículos publicados

02 jul 2002

«Escollín unha poesía intimista amorosa na que a muller é un complemento existencial»

Salvador García-Bodaño Zunzunegui, escritor e académico Ten un apelido composto que o despista nas enciclopedias e diccionarios de literatura: Salvador García-Bodaño Zunzunegui (Vigo, 1935). Este poeta bregado nos anos escuros do franquismo agroma nos emblemáticos certames literarios universitarios de mediados dos 50, as Festas Minervais que reúnen a unha xeración poética tan singular como anovadora. A longa e densa traxectoria literaria de Salvador García-Bodaño nos eidos da lírica, a narrativa e o xornalismo é parella a seu activismo cultural e político, que se non decaeu é menos subversivo, pero tanto ou máis corrosivo. E segue «Ao pé de cada hora», coma no seu primeiro poemario.

CONCHA PINO

26 jun 2002

Víctor Freixanes será nomeado o próximo luns director xeral de Galaxia

Nun principio, Damián Villalaín segue sendo o subdirector literario da editorial Víctor Fernández Freixanes non existía onte. Iso dixeron fontes próximas o que se perfila como novo director xeral da editorial Galaxia. O acordo terá que tomalo o Consello de Administración de Galaxia convocado para o vindeiro luns. Damián Villalaín decía onte que «felicito a Freixanes pero reservome a opinión sobre outra xente que participou no proceso»

RODRI GARCÍA

22 jun 2002

A Real Academia adicará o Día das Letras Galegas do 2003 a Avilés de Taramancos

Barreiro salienta o traballo do autor de «Cantos caucanos» polo idioma e a decisión de dar entrada ós poetas da Xeración dos 50 Os muros de pedra da Real Academia Galega escoitaron onte o segredo do vindeiro dezasete de maio. Tras dúas horas de deliberacións, o nome do sucesor de Frei Sarmiento quedou ó descuberto. Unha ampla maioría de académicos quixo adicarlle a Antón Avilés de Taramancos o Día das Letras Galegas do 2003. Dez anos despois do seu pasamento, o mundo das letras recoñece así o labor dun poeta que viviu gran parte da súa vida en terra allea. Xosé Ramón Barreiro, o presidente da institución, quixo salientar a decisión da Academia de premiar a un poeta da xeración do 50 e dixo que «Avilés de Taramancos traballou moito polo idioma». 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15

JUAN R. GÓMEZ-ALLER

16 jun 2002

«A guerra nunca é un destino tráxico, senón que é unha consecuencia humana»

María Xosé Queizán, autora da novela «Amor de tango» En «Amor de tango», a escritora María Xosé Queizán fai un atormentado percorrido pola historia recente de Vigo da man de tres amigas, que ven como a guerra civil e a dura posguerra rompen as súas vidas no momento en que comezaban a descubrilas. De fondo, a escritora reflexa o Vigo de principios do século pasado, cunha minuciosidade abraiante. As diferentes clases sociais, os grandes fitos históricos da cidade e, sobre todo, a intrahistoria viguesa quedan perfectamente reflexadas nesta novela. Encadrada na nova narrativa galega, María Xosé Queizán tense paseado por tódolos xéneros literarios.

JORGE LAMAS

15 jun 2002

Xerais concede á Biblioteca 120 de La Voz o premio á cooperación no labor editorial

O galardón distingue «a máis importante iniciativa de alfabetización acometida na historia da literatura galega» A Biblioteca Galega 120 de La Voz de Galicia recibiu onte ó premio á cooperación no labor editorial que concede Edicións Xerais de Galicia. Deste xeito, distingue o esforzo dunha colección que pretende achegar ó maior número de lectores a literatura de calidade escrita en lingua galega. Este ano, o premio foi dedicado á memoria de Carlos Casares. Pero a noite tivo máis galardóns. Nun acto celebrado no Museo do Coiro de Allariz, Inma López Silva acadou o premio Xerais de novela con «Concubinas», mentres que Xosé Miranda levou para Lugo o Merlín con «Pel de lobo», unha historia de aventuras e terror.

REDACCIÓN

11 jun 2002

«Esta novela é unha historia de ilusión»

Xavier Queipo, autor da obra «Papaventos» Francis, un protagonista. Chicago, unha cidade. A traducción, un oficio. «Papaventos» é, en palabras do seu autor, «unha historia de amor e de desposesión dos sentidos» que consagrou a Xavier Queipo (Santiago, 1957) no panorama da literatura galega. Queipo forma parte -xunto con Xosé Miranda, Ramón Caride, Marilar Alexandre e outros- desa vasta e fructífera xeración de biólogos que un bo día se meteron a narradores. E Queipo bótalle a culpa á natureza, a ese territorio no que se funden fábulas e pescudas científicas coma chocolate espeso, que vén sendo unha fonte inesgotable de historias para contar.

DOMINGOS SAMPEDRO

04 jun 2002

AUTÉNTICO CLÁSICO

MANUEL AMOR COUTO, profesor de Ensino Secundario no I.E.S. Xelmírez II (Santiago)

27 may 2002

Manuel Rivas e Suso de Toro son os autores preferidos polos barbanzáns

Nas librerías da bisbarra véndense máis libros escritos en castelán que en lingua galega Na área barbancesa séguense a vender máis libros en castelán ca en galego. Nin sequera no Día das Letras Galegas se apreciou un aumento importante na súa venda, aínda que destacaron as publicacións para lembrar a Frei Martín Sarmiento, ó que se lle adicou este ano a festividade. Manuel Rivas e Suso de Toro son os escritores que se poden considerar os «best sellers» de Galicia. Contan con moitos seguidores e, precisamente, os seus últimos traballos están a ter unhas vendas bastante elevadas.

MODESTO DEL RÍO

21 may 2002

As actividades musicais acaparan a oferta cultural vinculada ó Día das Letras Galegas

O escritor Xelucho Abella participa nun encontro con escolares de Carballo O Día das Letras Galegas pediu prórroga, e algúns concellos da Costa da Morte decidiron darlla. Pouco a pouco van desaparecendo dos programas culturais as actividades relacionadas directamente coa promoción da literatura galega, pero no seu lugar van cobrando forza outras iniciativas máis lúdicas que van desde o teatro ata as proxeccións cinematográficas. Pero o que hai, sobre todo, é musica. O trío Rusia, que onte ofreceu un concerto didáctico no colexio de Vimianzo, estará hoxe pola tarde en Cabana. Mentras, na capital de Bergantiños comeza o ciclo de Xoves Intérpretes, que inclúe catro actuacións ata o 5 de xuño.

REDACCIÓN

18 may 2002

O Concello de Tui celebra hoxe a súa cita anual coa literatura galega

O teatro e a música teñen un lugar preferente da programación que discurrirá na Praza de San Fernando As persoas que se acheguen hoxe a Tui terán a oportunidade de participar do encontro coa literatura galega que, como cada ano, organizan as librerías tundenses e o Concello con motivo da celebración do Día das Letras Galegas. Con dous días de «retraso», por mor do mal tempo, a «Feira do Libro Galego» de Tui chega hoxe á súa quinta edición cunha chea de propostas culturais e de lecer para que pequenos e maiores poidan disfrutar da xornada. As actividades comezarán ás doce na Praza de San Fernando.

MÓNICA TORRES

18 may 2002

«A lectura é unha elección»

Marina Díaz Fornas, libreira de Noia Marina Díaz Fornas é unha pioneira no fomento da literatura galega en Noia. Cando montou a librería Sementeira, hai máis de vinte anos, apenas existía na localidade a mínima oferta na lingua propia de Galicia. Afortunadamente, co paso dos anos, os organismos oficiais puxeron o seu importante gran de area na mellora da situación do idioma. De tódolos xeitos, Marina cre que aínda non se lé o suficiente, pero que esa situación podería cambiar no futuro se se segue animando ós máis novos a introducirse no apaixoante mundo da lectura e, sobre todo, en galego. A súa tenda foi unha das poucas que abreu as portas o Día das Letras Galegas. Para a xente que ten medo a ler en galego, di que non é tan difícil como pode parecer e invita a probar.