TEMA Literatura galega

Últimos artículos publicados

17 may 2002

Galicia festexa hoxe o día das súas letras homenaxeando a figura dun pioneiro

Frei Martín Sarmiento centra os actos que se celebran en toda a comunidade En 1963, cunha homenaxe a Rosalía de Castro iniciábanse as celebracións do Día das Letras Galegas. Cada ano, no día de hoxe, Galicia festexa a súa lingua propia e unha literatura que, despois de atravesar momentos difíciles, transitan polos camiños da normalización. Arredor desta data central as catro provincias galegas e nas cidades máis afastadas, hai unha celebración para conmemorar a fala dun pobo que desexa conxugar nela o seu futuro. O pasado ofrece hoxe un exemplo, o de Martín Sarmiento, que reivindicou o galego como lingua propia, un ensino racional e igualitario e, con iso, a construcción dun país mellor. A súa figura é a que cataliza hoxe as celebracións.

XESÚS FRAGA

17 may 2002

Soños tras unha carpa

Centos de persoas achéganse ó Salón do Libro Galego nos xardíns de Méndez Núñez «Elrond falou coa súa voz clara sobre Saurón e os Aneis de Poder e a súa forxa hai moito tempo, na Segunda Idade do mundo». Frodo Bulseiro recibiu onte ós visitantes do Salón do Libro Galego sentado nun sillón azul. Nese mundo, a media xornada entre a realidade e a ficción, atópanse dende hai dous días máis de vinte mil exemplares da literatura galega. Centos de persoas achegáronse onte á carpa que acolle ó Salón, que manterá as súas portas abertas ó público ata o vindeiro domingo.

JUAN R. GÓMEZ-ALLER

14 may 2002

«O boxeo é unha metáfora do traballo de escribir, que é un puxilato íntimo»

Manuel Rivas, escritor O xornalista e escritor Manuel Rivas (A Coruña, 1957), presentou onte a súa nova obra en Vigo. «As chamadas perdidas», editado por Xerais, é un libro composto de vintecatro relatos nos que os personaxes loitan contra a soidade. Rivas, que confesa a súa paixón pola palabra e síntese felizmente cansado co traballo de escribir, protagonizou unha presentación audiovisual a tono co escenario do teatro. Da música se encargaron a cantante Iria Peña e os guitarristas Miguel Ladrón de Guevara e Gastón Rodríguez.

B. R. SOTELINO

13 may 2002

Raigame recolle no seu último número un especial sobre Frei Martín Sarmiento

A publicación lembra a Casares, Rivas e García Ferreiro e inclúe traballos sobre literatura e etnografía A revista «Raigame» inclúe no seu último número un especial adicado á figura de Frei Martín Sarmiento no que se estudian diferentes facetas do autor ó que está adicado este ano o Día das Letras Galegas. A publicación foi presentada onte na Deputación.

REDACCIÓN

12 may 2002

Os galegos en Europa vivirán o Día das Letras con actividades festivas

AS CONVOCATORIAS Música medieval en Italia, jazz en Suecia e gaitas, moitas gaitas. A celebración do Día das Letras Galegas acariñará varias cidades de Europa da man da tupida rede de asociacións da diáspora, que ó longo de todo o mes teñen programados festivais e charlas para dar a coñecer a figura de frei Martín Sarmiento. Profesores como Aurora Marco, Víctor Freixanes ou Henrique Monteagudo serán algúns dos convidados a amosar ós galegos de primeira e segunda xeración ó perfil do ilustrado berciano.

11 may 2002

Premio a unha catapulta cultural

A revista Casa da Gramática do Virxe do Mar pón en marcha novos proxectos de consolidación Tres profesores do Instituto Virxe do Mar de Noia botaron a andar, no 1997, a revista de divulgación cultural Casa da Gramática. Despois dunha singladura sementada de ímprobos esforzos económicos e dunha loita pertinaz por ofrecer un producto de alta calidade, os seus coordenadores acaban de obter unha merecida recompensa da man de Política Lingüística, que a elixiu como mellor publicación escolar da Coruña. Nestes intres, están sumerxidos no lanzamento de novedosas iniciativas.

SARA ARES

10 may 2002

Os centros educativos son os encargados de manter vivas as celebracións arredor da literatura galega

A partir do luns incrementarase de forma considerable a actividade nos colexios da Costa da Morte Non son os únicos, pero xogan un papel moi relevante na conservación e a difusión da cultura galega. Os centros educativos convírtense estes días na mellor plataforma para as letras, que unhas veces chegan en forma de encontros con autores, outras soan a música e algunhas máis reflíctense nas pantallas de vídeo. Máis ca en ningún outro lugar, nos colexios sempre está asegurado o éxito das iniciativas que se leven a cabo. Este ano son moitas, e a patir do luns serán aínda máis, porque raro é o centro de primaria ou de secundaria no que, ademais de lembrar a Frei Martín Sarmiento, non se desenvolven unha chea de actividades paralelas.

C. A. M.

09 may 2002

A cultura saúda desde o escenario

Hoxe comeza en Carballo un ciclo de teatro galego, pero tamén haberá representacións noutras localidades O teatro vai xogar un papel moi importante ó longo deste mes das Letras Galegas. De feito, para hoxe xa está prevista a primeira cita. O Consello Local de Cultura de Carballo pon en marcha un ciclo de representacións no que participarán tres compañías galegas. Pero a escena vai estar presente tamén noutras localidades coma Cee, O Couto, Muxía e Vimianzo. Pouco a pouco, concellos e entidades de todo tipo van desvelando os segredos dos seus programas, aínda que algunhas asociacións apostan polos clásicos. É o caso de Lumieira, que celebrará os 22 anos do seu concurso infantil de pintura e sorteará a tradicional e codiciada bicicleta.

REDACCIÓN

07 may 2002

NOS ALICERCES

DARÍO VILLANUEVA, rector da Universidade de Santiago

07 may 2002

«Dos arquivos do trasno», un libro clásico moderno da literatura galega

Hai libros que conseguen superar os cambios de gustos e de épocas. Hai libros que xustifican por si mesmos o carácter dun escritor. «Dos arquivos do trasno», é un deses volumes que son clásicos e modernos, que son populares e cultos. Este libro de relatos bastaría para entender o carácter de Rafael Dieste como escritor e o compromiso que mantivo sobre como contar historias de sempre coa caligrafía do seu tempo. Un libro de historias que seducen por sinxelas, por próximas e por inquedantes. Lecturas cualificadas

CAMILO FRANCO

04 may 2002

O Día das Letras Galegas amosa na Costa da Morte a súa expresión máis comprometida coa cultura

A celebración da festa anticíparase este ano en casi tódolos concellos da zona Maio é o mes das flores e das letras. De semellante mistura só podía xurdir algo tan positivo como o compromiso de toda unha comunidade coa súa cultura. O Día das Letras Galegas non só se celebra o 17 de maio. A festa xa comezou nos centros educativos cun intenso labor divulgativo da vida e da obra de Frei Martín Sarmiento, pero moi pronto tamén se falará do autor homenaxeado fóra das escolas. A celebración do día grande da cultura galega anticípase en casi tódolos concellos da Costa da Morte, nos que tanto as administracións locais coma as asociacións tentan retornar ás orixes cunha ampla oferta de actividades literarias.

REDACCIÓN