TEMA Literatura galega

Últimos artículos publicados

25 mar 2002

Unha década sen Avilés de Taramancos

O Liceo de Noia foi escenario dunha exaltación da figura e obra do poeta no décimo aniversario da súa morte A memoria do poeta noiés Antón Avilés de Taramancos estivo o sábado pola noite moi viva no auditorio do Liceo, na forza dos seus versos sobre as táboas do escenario, na emoción dos seus familiares, nas verbas de loubanza de amigos e compañeiros de profesión. A obra «O peirao dos soños», que naceu da arte do grupo de teatro do Liceo, supuxo o arranque dun emotivo acto no que a entidade presentou o número sete da súa revista «Alameda», adicada prácticamente na súa totalidade ó vate noiés e que conta con colaboracións de destacados escritores galegos e na que o lector tamén pode coñecer datos sobre a vida do autor homenaxeado.

ANA FERNÁNDEZ

22 mar 2002

La Voz ofrece hoxe o libro de Paco Martín «Das cousas de Ramón Lamote»

É a cuarta entrega dedicada á semana de literatura infantil e xuvenil A obra de Paco Martín «Das cousas de Ramón Lamote» entrégase hoxe con La Voz de Galicia polo prezo de só un euro, máis o custo do xornal . Este libro pecha unha semana na que a Biblioteca Galega 120 dedicou á literatura infantil e xuvenil con obras que foron no seu día Premio Nacional de Literatura Infantil como as de Fenández Paz e Paco Martín.

REDACCIÓN

19 mar 2002

REFLEXOS DA VIDA

CELIA TORRES BOUZAS, responsable de prensa de Xerais

13 mar 2002

A novela póstuma de Casares, «O sol do verán», aparecerá en abril

O escritor deixou corrixida e lista para editar unha historia de amor narrada por unha muller Nos primeiros días de abril estará nas librerías a novela póstuma de Carlos Casares, «O sol do verán», editada por Galaxia na colección Literaria. O escritor, falecido o pasado día 9, deixou corrixidas as probas e o manuscrito entra hoxe mesmo no prelo. Ó longo de 240 páxinas, Casares conta unha historia de amor e morte narrada en primeira persoa por unha muller, que vai rememorando a vida que compartiu cun home a partires do seu suicidio. Os veráns na aldea son o punto de inflexión desas vivencias.

CONCHA PINO

13 mar 2002

«Os dados de Deus», mestura a ciencia-ficción con elementos folclóricos galegos

«Hai quen considera que o conto, ou o reltao, é un xénero menor, pero eu opino que simplemente son xéneros disttintos». Isto opina Arturo Lezcano, (Ourense, 1939) autor do libro «Os dados de Deus» que mañá entrega La Voz de Galicia dentro da colección da Biblioteca Galega 120. A obra de Lezcano está composta por un feixe de relatos de ciencia-ficción. Lecturas Cualificadas

JOSÉ ANTONIO PONTE FAR

13 mar 2002

«Quixen ser director de cine, pero na vida nunca se consegue todo»

Arturo Lezcano, escritor e xornalista Arturo Lezcano, á parte de reputado e veterán xornalista, cinéfilo e conversador ¿non en van, iniciado para a cultura galega no mellor Ourense tertuliano¿, é o autor do libro de relatos «Os dados de Deus», que mañá edita a Biblioteca 120. A conversa, na negrura do 9 de setembro elude de forma tácita os baleiros. Sobre as palabras impresas e as ditas paira a luz da cidade das Burgas, a memoria da vida, da renovación, da descendencia: os dados dun Lezcano-deus creador de ficcións e lealdades.

SILVIA GASPAR

12 mar 2002

A obra de Curros Enríquez «Aires da miña terra», hoxe con La Voz de Galicia

O volume recolle poemas populares como «O maio» e outros polémicos como «A Virxe de Cristal» «Aquí vén o maio/ de frores cuberto.../ puxéronse á porta/ cantándome os nenos;» O popular poema que dentro de pouco cantará en vilas e cidades galegas a chegada do mes de maio aparece no libro de Curros Enríquez, «Aires da miña terra» que hoxe se entrega con La Voz polo prezo de só un euro, máis o custo do xornal e o cupón da última páxina do periódico.

REDACCIÓN

09 mar 2002

O pasamento de Carlos Casares ensombrece o arranque do Ano Sarmiento en Pontevedra

O acto de colocación dunha placa en lembranza do crego estivo marcado polo recordo do escritor finado onte «Nun día coma o de hoxe de celebración do nacemento de Sarmiento, a fatalidade quixo que nos deixase outro dos grandes divulgadores da súa memoria, Carlos Casares». Con estas palabras o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, aproveitou o acto de apertura do Ano Sarmiento na cidade para expresar o pesar do Concello pola morte do presidente do Consello da Cultura Galega. Tamén o presidente da Deputación Provincial, Manuel Abeledo, fixo público o fondo pesar da institución polo pasamento.

REDACCIÓN